Rutas y Senderismo

RUTA DE SETEMBRO

O vindeiro día 13/9/2015 (domigo) faremos a ruta do mes de setembro; para esta escollemos un tramo do camiño de inverno, entre a estrada Aldriz - Vilar do Lor hasta Castroncelos

RUTA DE SETEMBRO 2015

RUTA DE SETEMBRO

Día: 13 de Setembro

Percorrido: Camiño de Inverno. Tramo dende a Estrada Alto de Aldriz-Vilar do Lor hasta Castroncelos (Pobra do Brollón)

Distancia: 11 Quilómetros

Hora de Saída: 10:00 Horas

Chegada Prevista: 14:00 Horas

Dificultade: Media

Lugar de Reunión: No cruce de Castroncelos na estrada da Estación a Salcedo

Hora límite: As 09:30. Á que está prevista a saída do autobús

Quen desexe presentarse no inicio da ruta pode facelo pola súa conta pero a Organización non se compromete a transportalo dende o final do percorrido.

O prezo incluíndo autobús, temtempé e xantar será de 14 €uros para membros de Fonte do Milagro, e 16 €uros para non socios. Quen non participe no xantar deberá aboar 5 €uros

O xantar será na Cantina de Julia en Salcedo.

O prazo para a inscrición será o xoves día 10 antes das 22:00 horas para quen desexe participar no xantar.

Para información e inscrición, no enderezo: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. e no teléfono 619 025 252

Prazas Limitadas: 55 por rigurosa orde de inscrición.

 

RUTA NOCTURNA 2015 (ÚLTIMA HORA)

A TER EN CONTA:
Limítase a 60 persoas o número de participantes na ruta. A inscrición será por rigurosa orde.
 
Día: 14 de Agosto (venres)
Percorrido: A Pedra da Seara – Legua de Xunque – A Veneira de Roques
Distancia: 10 Quilómetros
Duración prevista: 3 horas e media con parada para o aperitivo e café
Dificultade: Media
Punto de encontro: A Veneira de Roques (Pobra do Brollón)
Hora: 21:30
Punto e hora de inicio da ruta: A Pedra da Seara (Coordenadas: 42º 34´ 50” N – 7º 16´41” O) Parada de Montes – Estrada Pobra do Brollón – Folgoso do Courel Km. 12,800 ás 22:15 Aprox.
PREZO: Socios 3 €uros. Non socios 5 €uros

Número Máximo de Participantes: 60
Por riguroso orde de inscrición....
DESCRICIÓN E NORMAS:
O lugar de reunión será en A Veneira de Roques, aquí recolleranos un autobús para desplazarnos hasta o punto de inicio, quen desexe chegar por seus medios o lugar de partida da ruta pode facelo pero ó rematar esta terá que retornar por seus medios.
É unha ruta que descorre por pistas forestais ben acondicionadas nos primeiros 2 quilómetros un ascenso continuo pero levadeiro para logo camiñar máis de 5 quilómetros de falso llano. Durante o percorrido veremos as Terras de Lemos e máis aló. Os últimos 2 quilómetros son en descenso cómodo.
NORMAS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO.
• Antes de inciar a ruta cada participante deberá cubrir unha ficha de rexistro e entregala asinada a Organización.
• Acatar en cada momento as normas da ruta, un membro da organización encabezará a marcha e pechará esta outro membro da Organización.
• Si por calquera motivo tivera que abandonar a marcha ou facer unha parada, debe poñelo en coñecemento da Organización.
• Camiñamos por Pistas forestais e o risco de incendio pode ser alto, por tal motivo tomaremos tódalas medidas de seguridade precisas. Si eres fumador, fai un esforzo e deixa o pito para o remate.
IMPORTANTE:
Camiñar agrupados.
Traer algunha fonte de luz, a noite pinta vai ser oscura.
Non virá mal portar algunha prenda de abrigo; pola noite xeralmente refresca
Facilitar un teléfono de contacto a Organización.
Si as condición metereolóxicas foran adversas, a ruta pode ser suspendida ou aprazada. (Estar pendentes da web ou contactar coa Organización)
Tfnos contacto: 619 025 252 – 629 412 111

RUTA DE SENDERISMO XULLO 2015

Día: 4 de xullo de 2015
Ruta: Savane - Piñeira - Mina da Toca - O Toxedo - Meiraos- O Mazo - Savane
Lonxitude: 11 Kms. Aprox.
Dificultade: Media
Lugar de Saida: Savane
Hora: 10:00
Duración Aprox. 4 horas
A RUTA: Deixaremos os coches na entrada vindo dende Folgoso, donde o antigo campo da Feira, iremos pola estrada uns metros para logo coller en dirección a igrexa de San Xoan e dende aquí polo vello camiño hasta Piñeira. Entramos polo barrio de Vales, atravesamos o pobo e continuamos polo sendeiro hasta subir a Mina Romana da Toca, pararemos facer unha visita e continuamos para chegar a pista forestal que volve por enriba de Piñeira hasta preto do Taro Branco, xiramos a esquerda e baixamos pola estrada Savane -...Teixeira uns 200 metros, aquí deixamos a estrada para coller un camiño que nos leva a Meiraos, atravesamos o pobo, cruzamos a estrada de Savane a Samos e descendemos hasta a Aldea do Mazo onde faremos parada para xantar no restaurante do Complexo Hostelerio. Rematado o xantar continuaremos un quilómetro de andaina hasta regresar a Savane. Para participar no xantar deberás facer a inscrición antes das 14 horas do día 2 de xullo. IMPORTANTE:   Teñas en conta que o feito de indicar "PARTICIPAR" no Facebook non sirve como reserva para participar na ruta. Para facer a inscrición debes enviar un correo a: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou no teléfono 619 025 252 e non máis tarde da hora e día indicados. Prezo: 15 €uros non Socios. 14 €uros membros de Fonte do Milagro.   Con xantar e tentempie a metade da ruta incluído Menú: Churrasco ( Costela de Tenreira) con patacas, Ensalada, Potres Caseiros, Viño Mencia, cafe e chupito. PRAZAS: 55 A inscrición farase por rigurosa orde de comunicación Ver

A Candea

  • Colección Revista A Candea
  • Selección de artículos

En esta sección puedes acceder a artículos individuales de A Candea: Selección de artículos

Leer más

Canal de video Fonte do Milagro

Acceder