Organización y objetivos

ORGANIZACION Y OBJETIVOS DE LA ASOCIACION

A Asociación socio-cultural "Fonte do Milagro", nace no mes de marzo do ano 1999 no lugar de Froxán, aldea pertencente o Concello de Folgoso do Caurel.
Constituese fixando como meta primordial contribuir o desenrolo da vida local, intentando mellorar as condicions da vida do pobo en todo-los seus aspectos e implicando a propia comunidade nesta tarefa.
A Asociación aglutina a todo-los sectores de idade e profesionais. Intenta ser un factor de unión, que loite contra o individualismo e favoreza a participación social e a recuperación das tradicions ancestrais tan propias do Caurel.
Como primeiros obxectivos fixáronse os seguintes:

  • Dar maior vida o pobo.
  • Fomenta la convivencia.
  • Satisface las necesidades do pobo máis descuidadas e desatendidas polos estamentos oficiais.
  • Recupera las costumes e tradicions.
  • Revitaliza los festexos populares.
  • Actividades e programas de información cultural.
  • Difusión e recuperación do patrimonio local, recuperación do patrimonio arquitectónico, exposicións de fotos antigas, vestidos e útiles domésticos,etc.


A nivel interno o funcionamento organizativo da propia Asociación fixanse como obxectivos principias.

  • Consegui-la máxima participación de persoas de toda-las idades e condicións.
  • Obter un certo impacto social que trascenda do marco local, para obter apoios e axudas dos organismos oficiais.
  • Incrementar o número de socios.


ACTIVIDADES REALIZADAS
Durante o ano 1999 e o que vai do 2000, as actividades levadas a cabo pola Asociación son múltiples, destacando entre elas as seguintes:

REVITALIZACIÓN DE FESTEXOS POPULARES

  • Agosto de 1999.- Celebración do "1º Magosto de Agosto".: A Asociación, coincidindo coas festa do Santo Estebo, patrón de Froxán, organizou o primeiro magosto popular do verán, no que se asaron o xeito tradicional (en tambores), mais de 400 kilos de castañas. O éxito foi total cunha masiva concurrencia de xentes de moi diversas procedencias e unha cobertura total polos medios de comunicación, con dous equipos da televisión presentes.
  • Decembro de 1999- Celebración da "1ª Festa da Pisa da Castaña". : O día 8 de decembro foi o escollido pola Asociación para celebrar esta Festa, recuperando así unha das tradicións mais antigas do Caurel, a pisa manual das castañas secas.

EXPOSICIÓNS
Coincidindo coa 1ª Festa da Pisa, na Antiga Escola de Froxán, a Asociación organizou en colaboración co colectivo sarriano "Avari", unha exposición de cuadros feitos polos artistas pertencentes a dito colectivo. Xunto a eles expuxéronse obras dos artistas locais Mª del Carmen Rodríguez e do "Quini".

RECUPERACIÓN DO PATRIMONIO LOCAL
Neste eido destacamos as seguintes obras:

  • Rehabilitación da antiga escola de Froxán, coa intención de crear un museo etnográfico
  • Recuperación do "Pozo do Tesouro"
  • Erradicación de vertedoiros incontrolados.
  • Recuperación, acondicionamento e sinalización de lugares pintorescos e típicos do entorno da aldea.


OUTRAS ACTIVIDADES

  • "1ª ruta do Río Lor: Froxán-Paramedela", organizada pola Asociación o pasado día 3 de xuño.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

  • Edición da Revista "A Candea"
  • Organización dos festexos de Santo Estebo e do II Magosto de Agosto.
  • Exposición de fotografía antiga e fotografía de paisaxes do Caurel.
  • Organización da " II Festa da Pisa da Castaña"

 

El Tiempo Folgoso do Courel