Presentación Asociación Fonte do Milagro

No mes de febreiro de 1999 un grupo de persoas con un obxectivo común deciden crear unha asociación e así traballar en conxunto polo Caurel e o seu entorno, a cultura, tradicións, en definitiva todo o que se relacione coa vida social e cultural do concello de Folgoso do Caurel. O domicilio  social establécese na aldea de Froxán e pouco a pouco o número de membros que forman o colectivo vai medrando. Son varias as persoas que sen ningún vinculo na zona deciden asociarse e así colaborar nos proxectos de recuperación e mantemento da cultura, entorno, etc.

Dende os primeiros días de vida da Asociación a Xunta Directiva, apoiada por todos os membros que forman o colectivo, teñen moi clara cales van ser as actividades a desenvolver e os obxectivos que hai que cumprir. Despois de todo o trámite burocrático e legalización da mesma, comezase a traballar, facendo un estudio previo de tódolos  actos a executar. O pouco apoio emprestado polas administracións non impide que desde o principio a vontade e traballo dos asociados empece a dar os seus froitos. E os fins polos que se traballa cómprense.

Sen lugar a dúbidas un dos proxectos nos que mais ilusión se puxo foi editar unha publicación onde poder contar a vida cotiá do Caurel e os seus arredores, mostrar a súa riqueza paisaxística, etnográfica, dar a coñecer un pouco mellor e de forma mais real este espacio tan descoñecido e o mesmo tempo tan fermoso, e sensibilizar os estamentos da importancia de coñecer, recoñecer e valorar este espacio que garda unha das paisaxes mas impresionantes e mellor conservados da xeografía española, algo polo que as administracións con competencias nan materia deben e teñen que apoiar para a súa recuperación e mantemento.

Outras actividades organizadas son a recuperación de vellos oficios e tradicións, e con iso poder mostrar ás xeracións mais xovenes como se realizaban as labores mais frecuentes antes da chegada da maquinaria.

A limpeza e sinalización de vellos carreiros e camiños esquecidos, que no seu día foron importantes vías de comunicación, hoxe só son usadas por sendeiristas e persoas interesadas en adentrarse nas impresionantes paraxes da Serra.

Dende a Asociación estamos abertos a todas as suxestións e opinións que en beneficio da zona nos fagan chegar.

Para obter a condición de asociado só se requere contribuír coa cota anual e demostrar interese e respecto polo Caurel e o seu entorno.

El Tiempo Folgoso do Courel