Rutas y Senderismo

RUTA do MAGOSTO 14 Novembro 2015

ULTIMA HORA: CAMBIO DE FECHA

  • Nueva fecha: Sábado 14 de Novembro 2015
  • Percorrido: Salcedo - Froxán
  • Distancia: 12 Kms Aprox.
  • Tempo previsto: 4 horas Aprox.
  • Dificultade: Media

Descripción da Ruta: Partimos de Salcedo pololugar coñecido como os Gandaróns por un camiño de servizo do agro hasta avistar o val do Loureiro e o Lor. Comemzamos a descender polo antigo camiño de Paramedela un camiño labrado da rocha en boa parte con unha vista fermosa. Chegamos a pista que baixa de Salcedo a Paramedela e collemos en descenso para baixar o río Loureiro, cruzar este e nun breve ascenso de 40 metros xiramos a esquerda para atravesar o souto, baixo da pista podemos ver o sequeiro que foi no da propiedade, na actualidade está restaurado o pasar a a finca a propiedade da Xunta de Galicia. Seguimos pola pista hasta atopar o desvio do sendeiro que parte a dereita. Aquí adentrámonos no sendeiro tal e como foi séculos e séculos, recentemente desbrozado a arranxado por memebros da Asociación FONTE do MILAGRO. Seguimos polo medio dos piñeiros e a un quilómetro xa podemos observar o canón do Lor, o fondo a Aldea de Castro de Portela, Estamos no lugar coñecido como o Furado ou Pata de Oso, a aprtir de aquí o sendeiro divide o repoboado de piñeiro o monte. O pouco chegamos o Rego de Caxardín, seguimos polo sendeiro hasta o Rego de Mazaira, aquí deixamos o sendeiro tradicional para xirar a esquerda xusto antes de chegar o regato e camiñamos uns metros polo vello canle de auga que daba servizo os prados. Pasamos polo fondo de un souto de castiñeiros e descendemos hasta unha cabana, onde xiramos a esquerda e baixamos polo sendeiros entre paredes hasta o rego de Mazaira, ascendemos uns metros logo de cruzar o regato e continuamos polo vello sendeiro, pouco máis adiante baixamos a canle ou presa da Visangra e camiñamos polo canle hasta Abeado onde se atopa un grupo de vellas cabanas onde se gardaba a herba e sequeiros utilizados para secar as castañas seguimos a marxe do río dende aquí o camiño faise máis ancho e o pouco o camiño discorre entre o Lor e unha rocha de máis de 100 metros de parede vertical. Seguimos en lixeiro ascenso en paralelo hasta chegar a estrada asfalta de Froxán a Castro de Portela. Un metros pola estrada e nun recodo seguimos de fronte hasta entrar no Pobo, chegamos a Froxán. Un magosto e un caldiño quente nos agarda. Rematamos a ruta. 

Haberá un autobús para desplazarnos dende Froxán a Salcedo, as persoas que desexen utilizar o bús deberán estar en Froxán as 9:15 como moi tarde. É preciso facer a inscrición e reserva para desplazarse no bus o límite de prazas é de 52 e rexistraranse por rigurosa orde de inscrición chamando o telefono 619 025 252 ou no enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. . O límite para facer a inscrición remata o día 12 de novembro as 21:00 horas.

Si alguen desexa desplazarse por seus medios pode facelo, pero a organización non se responsabilizado desprazamento.

A Organización reservase o dereito a cerrar a inscrición para participación na ruta cando o considere oportuno ou o número de participantes sexa considerado o adecuado para dar bo servizo.

Prezos:

  • Socios se non usas autobús: 2 €uros
  • Socios se usan autobús: 4 €uros
  • Non Socios se non usan autobús: 4 €uros
  • Non Socios se usan autobús: 6 €uros
  • O prezo inclúe participar no magosto e o caldiño quente

 

El Tiempo Folgoso do Courel