XV Edición da Pisa da Castaña Seca

O día 7 de decembro celebramos en Froxán a 15 edición da Festa e Demostración da Pisa e Abandoxado da Castaña Seca.

Programa:

  • 12:00 Posta en funcionamento do sequeiro e explicación do proceso do secado da castaña
  • 12:30 Demostración de Pisado e Abandoxado a cargo de membros da Asociación
  • 13:30 Pregón
  • 14:15 Degustación do Xantar do Pisador (Castaña seca cocida, Chourizo, panceta cocida, e postre de castaña) O prezo é de 10 €uros e inclúe o sorteo dunha cesta de nadal entre os que participen no xantar
  • 16:00 De novo retómase o pisado e abandoxado no que poderán participàr as persoas que o desexen. haberá un concurso de pisadores por parellas. Un xurado de expertos na Pisa decidirá cal será a parella gañadora.

Durante a xornada haberá música tradicional no lugar

NESTA EDICIÖN NON SE RESERVA A COMIDA.

Para máis información no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. o teléfono 619 025 252

El Tiempo Folgoso do Courel