Asociación Fonte do Milagro

A parroquia de San Silvestre de Seceda é unha das máis pequenas ou a máis pequena das parroquias do Caurel, referíndonos ó número de núcleos de poboación que a forman. Pertencen a esta parroquia as aldeas de SECEDA, CORTES e LOUSADELA, onde se situaba antigamente unha ferrería. 

Sara Martínez Gallego. Revista A Candea nº 2. Noviembre 2000

Linda polo norte coas parroquias de San Xoán de Lóuzara e San Xoán de Seoane, polo Sur e leste coa parroquia de Santa Mariña de Folgoso e polo Oeste coa parroquia de Santalla.
A distancia coa capital do Concello é de 17 Quilómetros. O deslinde desta parroquia realizado o 24 de novembro do 1752 é o seguinte: "Linda por el lado de Levante con el lugar de Sobredo, feligresía de Santa Maria de Folgoso, del que se divide comenzando por el marco de "beiga darca" y sigue por el castro de "fornelas" al marco de "pena do furado" demarcación que en la parte del sur divide ésta feligresía de la expresada de Folgoso desde donde sigue el "pasadoiro de Eiriz" y de aquí al marco "da pallosa de Miranda", que divide esta feligresía y jurisdicción de Samos y de aquí sigue a la golada do couto "penado de la sierra" que es marco, también divide dicha jurisdicción de Samos de esta feligresía y jurisdicción. De aquí sigue por la parte del norte a "poza de lago" a lengua de "seixo" y a la fuente de la "cisorita", y viene cerrando hasta llegar a "pena ferreira" y al marco de "beiga darca", que es la primera demarcación comenzada por levante".

Os accidentes xeográficos máis  destacados son: As Rozadas (1111 mts.), Alto dos Monteiros (1164 mts.), Pico do Coto (1134 mts.), Beiga Darca (1100 mts.) e a Escrita (1455 mts.). A aldea de Seceda atópase a unha altitude duns 800 metros; Cortes por enriba dos 600 metros e Lousadela sobre 500 metros.
Esta parroquia está bañada polo río Lóuzara e os regatos Montelongo e Seceda. Dentro da variedade arbórea cabe destacar os castiñeiros que forman uns magníficos soutos nos que é habitual encontrar exemplares centenarios, sendo estes a base da alimentación durante séculos. Tamén se poden atopar rebolos, salgueiros, encinas, acivros, abedules, carnabudos, abelairas e noceiras; tampouco faltan as repoboacións forestais con piñeiros. Existen tamén unha gran variedade de árbores frutais: cerdeiras, mazairas, pereiras e os recén chegados kiwis; tamén abundan unha gran variedade de arbustos. O terreo adicado ó cultivo é fértil aínda que soamente sexa para autoconsumo tanto para as persoas como para os animais, sobre todo porcos, que, a base de castañas, se coidan para o seu engorde. Seméntanse patacas, verduras e hortalizas. Ata fai pouco, tamén se sementou trigo do país, millo, centeo, garavanzos, etc. Hoxe estes cultivos desapareceron case por completo debido a falta de poboación e á abundancia de animais, como o xabaril, que arrasan os cultivos.
En canto á súa demografía hai que dicir que a parroquia de San Silvestre de Seceda é unha das parroquias da zona que máis sufriu os efectos do despoboamento, é dicir, os habitantes da parroquia víronse obrigados a emigrar para buscar unha vida que lles fose máis cómoda. Debido a esto, pódese dicir que o índice de poboación descendeu en máis do 70% en 40 anos (En 1940 rexistrábase unha poboación de 272 habitantes, mentras que no ano 1981 a penas chegaba ó medio centenar) No Catastro do Marqués de la Ensenada (1752) facíase referencia a 163 casas habitadas mentres que no ano 1981 só había 34 vivendas familiares. Esta migración, coma no resto da zona, seguiu varios camiños: un primeiro movemento cara terras americanas, sendo Arxentina un dos destinos máis solicitados, por diante de Cuba e Estados Unidos (máis coñecido polo Norte); dicir que a maioría destes emigrantes logo de pasar algúns anos nestes paises voltaron ás súas casas. Despois o movemento migratorio sería dentro da península (Barcelona, Bilbao, Madrid e Avilés principalmente). E por último hai que mencionar o movemento cara Europa, sendo os principias  destinos Reino Unido, Suiza e Francia.
En canto ós seus poblados, tanto Seceda como Cortés conservan un aspecto medieval con casas apiñadas, muros rexos e teitos de pizarra. En Seceda leváronse a cabo obras de recuperación da aldea, sendo declarada en 1994 de interés Turístico e Etnográfico. A Aldea de Cortes posúe as mesmas características que a de Seceda, sendo ambas elexidas para facer unha recuperación das súas casas, obras que se están a levar a cabo nestes momentos e onde se subvenciona unha parte dos gastos efectuados e os veciños aportan o resto.
En canto a casa de Lousadela, hai que dicir que se trata dunha antiga ferrería que tivo a súa importancia nos séculos XVIII e XIX, traballando nela cinco oficiais e dous fundidores. Nos meses de inverno os veciños da parroquia adicábanse a facer o carbón e arrincar mineral para a súa posterior fundición. Esta ferrería pertencía ó Marqués de Viance que a explotaba en réxime de aluguer e incluía vivenda, muíño e terras. Esta industria, ó igual que o resto da comarca decaería e acabaría desaparecendo a finais do século XIX.
En canto o relacionado coa Igrexa hai que destacar a Igrexa parroquial consagrada a San Silvestre. Unha sinxela construcción do século XVII, aínda que posiblemente xa exitira outra construcción no mesmo lugar e que máis tarde se ampliou co atrio que a circunda, estando parte dela ocupada por construccións funerarias, a pesar de posuir un pequeno cemiterio na parte posterior da Igrexa. A construcción é de planta rectangular cuberta a dúas augas; a torre está formada por dous corpos e un arco que fai de pórtico á entrada principal coñecido co nome de "cabildo" dende o cal se accede ó campanario que posúe catro arcos. A aldea de Cortés ten unha capela consagrada a San Francisco. Había tamén unha en Lousadela que tiña a característica de estar separada da vivenda familiar, cousa pouco común neste tipo de casas, atopándose hoxe en día en estado ruinoso.
Hai que destacar, que como na inmensa parte dos pobos da zona, en Seceda tamén existen probas da ubicación dun castro, que polas súas características, trátase dun castro romanizado.
Como monumentos temos na parroquia unha ponte feita de pedra que os veciños chaman "Ponte Romano" aínda que a que escribe a situaría en datas máis cercanas, posiblemente medieval, tamén existe un acueducto das mesmas características, usábase para levar a auga de regadío por encima do río Lóuzara. Tanto a ponte como o acueducto están formados por dous arcos e pódense ver no lugar de Lousadela

Artículo publicado en el Nº 2 de la Revista A Candea. Noviembre 2000

SARA MARTÍNEZ GALLEGO

A Candea

  • Colección Revista A Candea
  • Selección de artículos

En esta sección puedes acceder a artículos individuales de A Candea: Selección de artículos

Leer más

Canal de video Fonte do Milagro

  • Default
  • Title
  • Date
  • Random
  • Uno de los compromisos de la Asociación es fomentar las actividades de senderismo y recuperación de rutas. Anualmente la asociación programa varias actividades de este tipo incluyendo rutas nocturnas
    Leer más

    Rutas y Senderismo

  • Cada año en la primera semana de diciembre se organiza la Fiesta de la Pisa de la Castaña. UN evento que reune a las figuras más representativas de las artes y las letras de Galicia.  
    Leer más

    Festa da Pisa da Castaña

  • En el enclave único e irrepetible del Caurel se realiza anualmente un Encuentro de Artesania
    Leer más

    Encontro de Artesans

  • Anualmente se desarrolla una jornada de Pintura al aire libre. El estilo y técnica son libres. La temática del certamen gira entorno a O Caurel (gentes, paisajes etc.)
    Leer más

    Certame de Pintura

  • La Asociación Fonte do Milagro celebra la Semana Santa, cada año con el Via Crucis el Viernes Santo
    Leer más

    Semana Santa

  • La Asociación Fonte de Milagro es un elemento dinamizador de la cultura en O Caurel. Entre sus actividades se cuentan algunas como la Festa da Amizade
    Leer más

    Otras Actividades

Acceder