Ruta Pedra da Seara/San Vitorio (Concello de Pobra de Brollón) 15 de setembro de 2012

  • Percorrido: 14,5 Kms.
  • Dificultade: Media-baixa
  • Tempo Aprox.: 4 H.
  • Lugar de Reunión: A Pedra da Seara: (Km. 12-Estrada Pobra do Brollón–Folgoso do Courel) Coordenadas: 42º 34´ 53” N/7º 16´ 36” O
  • Hora de saída: 9:30
  • Ao remate da Ruta teremos un xantar a base de entrantes, empanada, viño, postres e café.
  • Logo do xantar un autobús trasladará aos participantes ata o punto de partida para recoller os coches.
  • O prezo para os que participen no xantar + autobús é de 10 €
  • Os demáis participantes deberán abonar 3 €
  • A data límite para a inscrición é o día 14 as 20:00 horas
  • Pódese facer nos teléfonos: 619 025 252 e 629 412 111 e tamén no enderezo eléctronico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

A RUTA:
A saida será no lugar coñecido como Pedra da Seara, dende aquí os camiñantes comenzaran unha pista en lixeiro ascenso durante 2 quilómetros para logo continuar case 3 quilómetros de llano hasta un camiño que parte a esquerda en descenso e así chegar o pobo de O Busto, deshabitado dende fai un tempo, pero que ahora está a facer unha fonda recuperación en boa parte das casas. Esta é a aldea situada a maior altitude do Concello da Pobra do Brollón. Continua a marcha pola pista que leva a capitalidade do concello, e logo de 1,5 quilometros a dereita sae un vello camiño que leva a Pradelas, outro lugar onde se nota o despoboamento da zona, aínda que se pode apreciar unha lixeira actividade agrícola. Dende aquí e pola pista pavimentada baixase a Penadexo, aldea so habitada en datas puntuais. Pola marxe dereita do regato síguese descendendo hasta un cruce dunha pista forestal, aquí a ruta continúa a dereita pola pista forestal, algo máis de 3 quilómetros e sae a derita unha pista que conduce a Teixeira. pobo este deshabitado dende fai tempo, atópase nun enclave de gran beleza, so cruzar o pequeno río que atravesa a aldea e a esquerda en paralelo o río sáe o vello camiño que no seu día foi vía de comunicación cos pobos do val. neste camiño pódese contemplar a pegada deixada na rocha polos carros, algo máis de 700 metros e  de novo a pista, aquí descendese a dereita e logo de 1,5 quilómetros e fin da ruta, na capela de San Vitorio. Aquí darase por rematada a camiñata cun xantar.