Para o vindeiro 29 de outubro está organizada unha ruta e un magosto. O percorrido escollido para este día é dende Froxán hasta Rendar e regreso. Formulario de inscripción

DESCRIPCION DA RUTA

O lugar de reunión e saída será na Fonte do Milagro (Froxán)(42º32'53"N,7º15'10"W) descenderemos polas rúas da aldea para coller o vello camiño que dende a parte baixa do pobo leva hasta a ponte, coñecido tamén coma "vello camiño da feira" . Atravesamos a ponte e continuamos pola estrada asfaltada durante un quilómetro deixamos o asfalto para meternos o camiño de Portela e atravesamos o Soutovello un dos soutos máis emblemáticos da parte baixa do Caurel ,continuamos paralelos o Lor e chegamos a avistar Portela, zona de prados, cabanas e sequeiros, algúns restaurados; o outro lado do río a Pena do Reconco cunha parede en vertical de 100 metros.

Continuamos acompañando o río case sempre en paralelo por un camiño entre valados que serven de cerre os prados ou veigas, a esquerda e mirando cara arriba, pendurada na ladeira a aldea de Castro de Portela que logo o regreso visitaremos.

Continuamos e un pouco máis abaixo situado enriba dunha rocha que asoma o río atopàmos un sequeiro restaurado dende fai moitos anos e que Isabel Martínez e Antonio Castaño Sobrón no libro "Los rios del Caurel paso a paso" coa fotografía de Miguel López Caeiro din ser a Casa dos Robinsons do Caurel, continuamos o camiño, atravesamos o Rego de Redeleiras, seguimos entre castiñeiros, fronte a nos o outro lado do río e case a mesma altura o sendeiro de Paramedela.

Entramos nun pequeno val fondo, cheo de castiñeiros que cobren centos e centos de anos, este pequeno val e o primeiro Medo ou Médula da que foi a mina romana de ouro de Rendar, un lugar tranquilo onde si nos mantemos un cachino en silencio darémonos conta por que se coñece como Val do Silencio ou Medo Pequeno, por escoitar non se escoitan nin as augas bravas do Lor que pasan moi preto,

Cruzamos a excavación e o sair e a man dereita do camiño atopamos un poblado de sequeiros xa cubertos pola maleza e en mal estado, continuamos o sendeiro que dende aquí se estreita e vamos pretiño a parte superior do Medo Grande si nos asomamos con cuidado decatarémonos do volumen de terra que os romanos moveron nas 4 Hectareas que ocupa a mina

Bordeamos a mina pola parte sur facemos un xiro a dereita para descender o val fondo da excavación, camiñamoa uns metros para ascender de novo e saír da mina chegamos o cimeterio como así coñecen os lugareños xa que hasta metade do século pasado se podían observar perfectamente as laxas de pizarra que daban forma os enterramentos, lugar mítico  e de rispeto par as xentes a pesares que nalgunha se fixeron excavacións de xeito temerario. Arredor diste cemiterio rondan moitas lendas.

 

Uns metros máis adiante e xa se observan os primeiros muros do que foi o pueblo de Rendar, as murallas, o foxo defensivo, e algunha vivenda aínda se poden ollar. Son varias as lendas nas que se fala de como e porqué desapareceu o pobo, lendas que iremos contando in situ. subimos o outeiroe topamos coa capela aínda hoxe hai xente que recorda a persoas que dende Castro de Portela acudían aquí a misa. A edificación foi reconvertida nun sequeiro e prestou este servizo hasta a metade do século XX.

Regresamos polo mesmo sitio hasta baixar o val e dende aquí collemos polo fondo val un cacho vendo a cada lado noso a magnitude da mina os metros e metros cúbicos de terra que moveron na percura do codiciado ouro.

Saímos de novo do val e chegamos o poboado de sequeiros do que falamos, e dende aquí o regreso hasta Portela, aquí os que o desexen poden volver polo camiño que sobe a Castro de Portela e dende aquí a Froxán. Neste percorrido a penas se pisa asfalto e poden ollarse unhas vistas fermosísimas do Caurel.

 

PERCORRIDO:

  • Opción 1: Froxán-Rendar-Froxán. 
  • Opción 2: Froxán-Rendar-Castro de Portela-Pena do Castro-Froxán

DISTANCIA: 9 quilómetros por Castro Portela - / - 7 Quilómetros polo camiño de ida
HORA SAÍDA: 12 Horas (Froxán)
DIFICULTADE: Baixa
RECOMENDACIONES:

  • Levar roupa e calzados cómodos, roupa de abrigo e impermeable por si o tempo non axuda
  • Levar algo de comer, faremos unha paradiña para tomar aperitivo

O regreso faremos un magosto e viño novo e para acompañar, un caldiño quente para repoñer forzas. As persoas que so asistan o magosto, estarán no punto de inicio da ruta ás 17:00 Horas.

As persoas que asistan o magosto deberán inscribirse antes do inicio da ruta e abonar 1 €uro

INFORMACIÓN E INSCRIPCIÓN:

  • Tfnos.: 619 025 252 - 629 412 111 E-mail:  Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
  • FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN