ASEMBLEA XERAL 2015

Convocatoria

A Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación FONTE do MILAGRO que se vai celebrar o vindeiro 2 de abril (xoves santo) de 2015 as 19:30 horas en primeira convocatoria e media hora máis tarde en segunda e última no local da antiga escola de Froxán para tratar os seguintes puntos.

  1. Lectura e aprobación si procede da acta da anterior reunión
  2. Estado económico do exercicio 2014 (Gastos-Ingresos)
  3. Actividades para o ano 2015
  4. Rogos e preguntas

          Rematada a Asemblea Xeral Ordinaria, de seguido celebrarase unha Asemblea Extraordinaria para tratar coma único punto a Elección da Xunta Directiva.

                Os membros da Asociación que desexen presentarse como candidatos á Presidencia da Xunta Directiva deberán comunicalo cunha antelación á Reunión de 7 días naturais.

            IMPORTANTE:

            So poderán participar na elección a membro da Directiva os socios que estean á corrente no pago das cotas.

            Non terán voz nin voto nas asembleas aqueles membros da Asociación que teñan cotas pendentes, agás os que presentaron a solicitude de ingreso despois de xullo de 2014

            Cada socio so poderá ser representado por outro socio, para elo deberán estar ó día nas cotas, tanto representante como representado. O representante deberá entregar a autorización antes de dar comezo a Asemblea.

            Poderán asistir á Asemblea calquera persoa que aínda non sendo socio o desexe, previa comunicación coa suficiente antelación.

            Dada a importancia dos temas a tratar é importante a presenza nas ditas Asembleas.

                                      

                                                              O Presidente

Reunión anual da Asociación 2014

Comunicar os membros da Asociación Cultural FONTE do MILAGRO da convocatoria para a Reunión Xeral Ordinaria da Asociación que vai ter lugar o día 17 de abril (xoves santo) as 19:30 en primeira convocatoria e media hora máis tarde en segunda e última. A xuntanza celebrarase na antiga escola de Froxán e trataremos os seguintes puntos

  1. Lectura da acta da anterior reunión e a súa aprobación si procedera
  2. Exercicio económico de 2013
  3. Proposta de actividades e calendario para 2014
  4. Cota de socio a establecer para 2014
  5. Rogos e preguntas

É importante a asistencia para o bo funcionamento do colectivo.

ESTAMOS PENDENTES DE ORGANIZAR PARA ESA XORNADA UNHA ANDAINA E COMIDA, Comunicaremos

Acordos da Asamblea 2011

Na reunión celebrada o pasado día 21 de abril tomáronse os seguintes acordos:

ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA 2011

  • Xuntanza de artesáns ( Vilamor, día 4 de xuño)
  • Certame de Pintura (Pendiente de encontrar financiación) se celebrarse será o día 9 de xullo en Froxán)
  • Ruta Nocturna (O día 13 de agosto, ruta sen decidir)
  • O día 10 de setembro Ruta de senderismo dende Froxán a Quiroga, polo vello camiño da feira, a idea e lembrar om percorrido que cada 10 e 27 de mes facían moitos veciños da parte baixa do Caurel para acudir a Feira a Quiroga)
  • Magosto popular aínda sen decidir o lugar; a data será pola fin de semana máis próxima a 1 de novembro
  • Festa da Pisa, na ponte da Constitución a data fixa aínda está por decidir.
  • Tamén se acordou organizar un concurso de fotografía a da nun principio sería na ponte do día das letras gaelgas pero ante a proximidade desta data pode non sexa posible organizalo na citada data.
  • Acordouse manter a cota para o presente exercicio en 25 €uros
  • Acordouse facer unha subasta dos cadros que a Asociación garda dos Certámes de Pintura, dirixída en principio para os socios

 

Asamblea Xeral Ordinaria 2012

O vindeiro día 5 de abril de 2012 (Xoves Santo) celebramos a Reunión Xeral  a convocvatoria está fixada para as 19:30 h en primeira e media hora máis tarde en segunda e última.

Orde do día:

  1. Lectura da acta da anterior reunión e a súa aprobación si procede
  2. Exercicio económico 2011 (contas)
  3. Proposta e calendario de actividades a levar a cabo no presente ano

Calquera tema ou proposta que un socio desexe plantear a asemblea e así ser devatido

O lugar de reunión será na antiga escola de Froxán

Asamblea Xeral Ordinaria 2011

Reunión Anual Ordinaria da Asociación. 21 de abril ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda e última no local da antiga escola de Froxán.

A orde do día para esta xuntanza é o seguinte:

  1. Lectura e aprobación si procedera da acta da anterior reunión
  2. Estado económico do exercicio 2010
  3. Proposta de actividades a realizar no presente ano.
  4. Valoración e venta dos cadros propiedade da Asociación; tema tratado en   anteriores reunións e pendente dunha resolución
  5. Outros temas que os presentes consideren de interese para o bo funcionamento da Asociación.
El Tiempo Folgoso do Courel