Rutas y Senderismo

RUTA NOCTURNA ALTO DO BOI - VILAR DO LOR. 9 de agosto 2014

Ruta: ALTO DO BOI - VILAR DO LOR

  • Distancia: 11 Kms
  • Dificultade: BAIXA
  • Día: 9 de agosto
  • Hora de Saída: 22:30
  • Duración prevista: 4 Horas con parada para tomar aperitivo

Para quen o desexe haberá un autobús para desplazar a xente dende Vilar do Lor hasta o Alto do Boi, a hora de reunión en Vilar do Lor será ás 21:30. Quen desexe acudir ó punto de partida por súa conta deberá regresar a este punto por seus medios si deixa alí o vehículo. Quen desexe usar o autobús deberá facer a inscrición antes das 15 horas do día 8 de agosto.

Tódolos participantes deberán cubrir unha ficha antes de iniciar a ruta e así facer unha relación de participantes para a Organización.

Os membros da Asociación  pagaran 2 €uros e os non socios 5 €uros

Para información e inscrición no correo: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. e nos teléfonos 619 025 252 (Evaristo) e 629 412 111 (Elena)

Haberá coche de acompañamento

Necesario levar linterna aínda que para esas datas teñamos lúa chea,  roupa de abrigo e bo humor

Si as condicións climatolóxicas foran adversas a ruta podería ser suspendida.

 

RUTA DE SENDERISMO MAIO 2014

Ruta: Río de Bois - San Vitorio

Día: 17 de maio

Distancia: 14 Quilómetros

Dificultade: Baixa

Hora de Saída: 10:00

Lugar: Km. 11,5 - Estrada Pobra do Brollón-Folgoso do Courel (Cruce de Río de Bois)

Duración aprox. 4 horas

Para os que desexen o rematar a ruta faremos un xantar na área recreativa do San Vitorio, sempre e cando o tempo non o impida, para participar tanto na ruta coma no xantar é necesario facer unha inscrición previa, non máis tarde das 15:00 horas do día 16 de maio. A inscrición farase no teléfono 619025252 ou no enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. .

Antes da saída tódolos participantes deberán cubrir unha ficha cos datos personales e entregala a Organización.

Preténdese contar con un autobus que nos recolla as 09:30 na esplanada da hermida do San Vitorio onde deixaríamos os coches e nos desplazaría o punto de inicio. Para elo é necesario comunicar con antelación quen desexe usar este servizo. As 55 prazas do autobús iranse cubrindo por rigurosa orde de inscrición.

Os prezos serán os seguintes;

Autobús + Comida = 10 €uros

Comida = 8 €uros

Autobus = 4 €uros

 

 

Ruta BALDOMIR 17 de ABRIL de 2014

Ruta: BALDOMIR - PONTO DO PORTO-SOBREDO-TOUZÓN-BALDOMIR

  • Día: 17 de ABRIL de 2014
  • Percorrido: 12 Quilómetros
  • Dificultade: MEDIA
  • Lugar de Reunión: A PONTE DE BALDOMIR
  • Hora: 9:45
  • Prazo para inscribirse: HASTA as 20:00 HORAS do día 16

Rematada a Ruta faremos un xantar en Vilamor (Casa Comerciante). O Total de prazas para a comida é de 60 polo que se fara a reserva por rigurosa orde de inscrición hasta cubrir as ditas prazas.

Para facer inscrición e reserva para a comida chamar o teléfono 619025252, ou ben no correo: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

A Ruta: Partimos de A Ponte de Baldomir polo GR8 en sentido contrario as augas do Lor pola súa marxe dereita; pasamos pola Pendella, O Touzón cruzamos o Río Lóuzara pola Ponte de Sudrios continuando o GR8 ou Ruta do Lor, atravesamos o Lor pola Ponte de Traspando e seguimos pola marxe esquerda hasta chegar a Ponte do Porto donde voltaremos cruzar  o Lor  e ascender hasta a entrada do pobo de Sobredo; aquí voltamos a media ladeira polo vello camiño que comunicaba Sobredo con O Touzón hasta a  Ponte de Sudrios para cruzar o Louzara subir O Touzón, A Pendella e chegar o punto de partida.

Ruta do Magosto 2/11/2013

O vindeiro día 2 de novembro de 2013 vamos celebrar a xa habitual por estas datas Ruta do Magosto

  • RUTA : A Ponte de Baldomir - Ponte do Porto - Sobredo - Touzón- A Ponte de Baldomir
  • DISTANCIA: 11,5 Quilómetros
  • TEMPO APROX.: 4 Horas
  • DIFICULTADE: Media
  • LUGAR DE REUNIÓN E SAÍDA: A Ponte de Baldomir
  • HORA DE SAÍDA: 10:00 Horas

Leer más: Ruta do Magosto 2/11/2013

A Candea

  • Colección Revista A Candea
  • Selección de artículos

En esta sección puedes acceder a artículos individuales de A Candea: Selección de artículos

Leer más

Canal de video Fonte do Milagro

Acceder