Rutas y Senderismo

RUTA 23 DE ABRIL DE 2016

RUTA Do 23 ABRIL de 2016

Percorrido: Alto do Boi – Poza do Lago - Castro de Portela – Portela – Froxán

Distancia: 11,5 Quilómetros

Duración Aprox. 3 horas e media

Dificultade: Media

Lugar de Reunión: Froxán (donde a Fonte do Milagro)

Hora: 09:30

Dende Froxán un autocar trasládanos hasta O Alto do Boi. Lugar de inicio da ruta onde as 10:30 dará comenzo esta.

Prazas: 55 ( Por orden de reserva)

Prezo: Socios 10 €uros

Non socios 12 €uros

No prezo está incluído transporte en autocar dende Froxán hasta o Alto do Boi, aperitivo de media ruta e xantar

DESCRICIÓN DA RUTA :

Partimos do Alto do Boi Punto máis alto da ruta (960 metros, porto de montaña que sirve de límite entre os concellos de Quiroga e Folgoso do Courel. Iniciamos a andaina por unha pista forestal que leva polo cumio. Os poucos metros deixamos a pista ancha para xirar e dereita e ascender uns metros onde dende un cortalumes unha pista parte Á dereita pola cara orientada o norte da montaña, atravesamos un piñeiral. A pista ten un trazado casi llano; baixo de nos a aldea de Vilar rodeada do seu souto , en fronte pódense avistar unha chea de aldeas do Courel e concellos limítrofes, Chegamos a un pista dende a que se pode ver Froxán e toda a parte baixa do Courel e por unha pista, logo de non moito treito chegamos a paraxe coñecida como Poza do Lago ou viveiro de Lago. Aquí faremos un alto para tomar un cafetiño e uns aperitivos. A ruta continúa uns metros pola pista ancha hasta topar con un cortalumes que parte á dereita. Baixaremos un metros por el hasta atopar unha pista que a media ladeira coñecida como “O Lago” nos leve hasta A Reboleira. Durante este traxecto, si o tempo o permite poderemos observar unhas vistas impresionantes do Courel, que para moitos seguro resulta descoñecida. Logo da Reboleira seguimos descendendo pola antigas estrada hasta chegar o lugar de Castro de Portela, entraremos ó pobo pola rúa principal e continuamos descendendo polo vello camiño do “Rouso do Teo. Pasamos polos sequeiros das Restres hasta dar co camiño que leva a Rendar, xa pretiño do río Lor. Xiramos a esquerda e en paralelo vamos en sentido contrario das augas, pasamos a mítica Pena do Xibre e entramos no Souto de Soutovello. Chegamos á estrada pavimentada e dende aquí seguiremos cara o final da ruta. Atravesamos o río Lor. (punto más baixo da ruta 370 mtrs ) e dende aquí uns 400 metros en ascenso que nos leva a Froxan. Punto final da ruta e lugar do xantar.

     É necesario facer a reserva para participar na ruta e para elo debes chamar o 619 025252 ou ben no enderezo electórnico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. . (Evaristo)

O Prazo para o remate da inscrición será o día 21 as 21:00

MUY IMPORTANTE: Facer Reserva

 

El Tiempo Folgoso do Courel