No anterior número fixemos o percorrido dende o Alto do Boi hasta o Alto do Couto, neste vamos continuar con esta travesía de montaña e describir os 10 quilómetros que separan Vilar de Lor do Alto do Boi e así engadir un tramo máis á que pode ser unha interesante travesía de media e alta montaña e que nos levará dende as terras da Montaña do Lor, no Concello de Quiroga, ata as terras do Cebreiro no Concello de Pedrafita do Cebreiro.

CARACTERÍSTICAS
DISTANCIA: 10 Quilómetros.
DURACIÓN: 3 Horas. Si subimos á caseta de vixilancia de incendios do Alto do Capelo ,unha hora máis.
DIFICULTADE: Baixa.
CARTOGRAFÍA: Escala_1:25000. Folla_156-IV (Salcedo).

DESCRIPCIÓN DA RUTA:
O tramo que a continuación describimos sería o primeiro desta ruta e o punto de partida o de menor altitude, iniciamos o camiño na aldea de Vilar de Lor e como referencia collemos o establecemento de Turismo Rural “Casa Bonifacio”; dende aquí camiñamos 100 metros pola estrada asfaltada ata atopar unha bifurcación, deixamos o asfalto e seguimos na que sae para arriba, empezamos a camiñar, o camiño en ámbalas marxes cóbrese de xesta e toxo; a ascensión é moi suave. Logo de percorrer 1.300 metros atopamos un cruce dunha pista asfaltada, á dereita lévanos a Soan e Orxais e á esquerda a Xestoso; nós seguimos de fronte, un tramo recto e sen desnivel, case ó final un camiño parte á esquerda, este vai a Orxais, dende aquí xa se olla o lugar, continuamos de fronte e adentrámonos nun vello piñeiral con exemplares de máis de 50 anos. Levamos tres quilómetros de percorrido e atopamos outra bifurcación, o noso camiño é o da dereita, o que segue de fronte lévanos a Castro de Portela. Esta foi ata a década dos oitenta a única vía de acceso para chegar en coche a Castro de Portela, Froxán, Vilamor e Eiriz no Concello de Folgoso do Caurel. Si dispoñemos de tempo podemos seguir dende a bifurcación por esta uns 100 metros ata chegar a un cruce; á esquerda parte un camiño que ascende suavemente algo máis dun quilómetro ata chegar a unha caseta de vixilancia de incendios, (Alto do Capelo) dende aquí podemos contemplar boa parte do Val do río Lor e do termo municipal do Caurel. Pero a ruta á que hoxe nos referimos é a que parte á dereita na anterior bifurcación. Camiñamos un 200 Camiñamos un 200 metros e á nosa dereita o piñeiral é máis novo, ascendemos uns 100 metros, ó pouco un cortalumes atravesa o camiño que nós levamos. Logo dun leve descenso atopamos unha nova bifurcación, á dereita lévanos ó alto da Conchada e a Quiroga, nós seguimos de fronte, uns poucos metros e atopamos un camiño que en perpendicular sae á esquerda, é o chamado camiño da feira que baixa a Castro de Portela. Ata aquí levamos percorridos catro quilómetros; a pista forestal e o camiño que nós debemos continuar segue a llanear ata atopar unha nova bifurcación, aquí collemos o camiño que ascende á esquerda, chegamos a un recodo á dereita, continuamos a pista seguimos ascendendo ata coroar o alto, xa se ve o Val do Caurel alá abaixo á nosa esquerda o lugar de Froxán; dende este punto a vista é fermosísima
Continuamos polo cumio uns metros, empezamos a pasar a ladeira norte da Serra, chegamos ós 1000 metros de altitude, unha pista ascende á dereita como se fora subir ó alto da chamada Muralla do Lago, pero non é así, ó pouco péchase. A nosa ruta vai polo camiño máis cómodo e ancho, á nosa esquerda empezamos a ter piñeiros que nos impiden en parte ver a panorámica do Val.
Logo dun curto e suave descenso chegamos a un cruce, aquí coñécese polo Vivero do Val, á esquerda parte un camiño, de fronte un cortalumes ascende e serve de división xeográfica entre os concellos de Quiroga e O Caurel. Nós escollemos o máis sinxelo e case que llaneando volvemos á ladeira Sur, ó fondo podemos ollar as aldeas de Campodola e Leixazós, estes xa de Quiroga, así como a estrada que leva de Quiroga a Folgoso e Seoane.
Empezamos a descender de cara ó punto final da camiñata ¡falta pouco! Atopamos unha construcción moderna que ata hai uns anos foi un bar, hoxe está pechada, aínda que algún verán abre as súas portas.
Pouco máis adiante chegamos a estrada LU-651 o porto do Alto do Boi; moi preto dos 1000 metros de altitude. Remata a nosa aventura, atrás deixamos percorridos 10 Quilómetros.
Esta ruta ó ser en liña levaría a retornar polos   a buscar os coches ou ben contactar con outra xente que nos acheguen ó vehículo ou a forma de retornar.

A Candea

  • Colección Revista A Candea
  • Selección de artículos

En esta sección puedes acceder a artículos individuales de A Candea: Selección de artículos

Leer más

Canal de video Fonte do Milagro

Acceder