DÍA: 16 maio 2015
PERCORRIDO: Ferreirós de Abaixo- Camiño Real- Camiño de Roxedaiga- Teso de Vales- Ferrería Nova- Camiño de Mercurín- Val das Mouras- Río Lor- Ferreirós de Abaixo
DISTANCIA: 10,7 Quilómetros
TEMPO ESTIMADO: 4 Horas
DIFICULTADE: Media
HORA DE PARTIDA: 09:30
Para participar na ruta é necesario facer inscición antes do xoves 14 de maio as 20 horas
Rematada a ruta xantaremos un churrasco no PONTÓN. O número de comensales esta limitado a 55 pola capacidade do local.
Para información e inscrición nos teléfonos 619025252 - 629412111 ou ben no enderezo electrónico. Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
BREVE DESCRIPCIÓN DA RUTA

Sairemos de Ferreirós de Abaixo polo Camiño Real en direción a Savane, na metade do camiño, en Paradela, pouco antes da Pena do Escribano, onde teremos a opción de facer unha mini travesía pola mina medieval de ferro. Aqui mesmo, desviámonos polo Camiño de Rodexaiga, logo pasaremos por riba da Reboleira Chanderide, continuamos por debaixo do Teso de Pinza, pola Reboleira de Vales, logo baixamos polo cerengo do Teso de Vales, polo Carreiro dos Carbueiros hasta a Ferrería Nova. Aquí tomamos o Camiño de Mercurín , ao chegar ó souto desta aldea, desviamonos do camiño á esquerda e baixaremos polo Carrozo de Liñares ata o Val das Mouras. Logo de percorrer este labirinto calcario , sairemos á Ferrería Vella, onde cruzaremos o río Lor, e camiñaremos pola marxe esquerda ata a Ponte Grande ( km 29 da estrada Lu-651) Dende aquí a Ferreirós de Abaixo subiremos pola marxe esquerda do Río Ferreirós. O punto máis baixo de todo o percorrido é o Pozo Longo preto da Ponte Grande, a 480 msnm; o máis alto, Chanderide a 1.000 msnm.