XVI Festa da Pisa (2014) - PROGRAMA

XVI Festa da Pisa da Castaña

7 de decembro de 2014

PROGRAMA

11:30        Acendido do Sequeiro       

12:30        Demostración do pisado e abandoxado

13:00       Pregón a cargo do actor e director Evaristo Calvo. Compoñente xunto a Victor Mosquera do dúo cómico MOFA & BEFA

13:15        Presentación do libro “Contos do Mar de Irlanda” de Xurxo Souto, publicado por Edicións Xerais. O autor asinará exemplares durante a xornada. De seguido presentación do libro de poesía “Son un paso no tempo” do artista courelán Urbano Arza “O Nino”

14:00      Xantar do pisador. Castañas secas cocidas acompañadas de produtos do porco e postres elaborados a base de castaña seca servido nun prato de cerámica conmemorativo do evento. Prezo do xantar 10 €uros

15:30       De novo Pisa e Abandoxado (Concurso de Pisadores)

20:00      Remate da FESTA
O apartado musical durante a xornada correrá a cargo dos grupos TUNDAL e NO CÓMBARO
Sortearanse unha cesta elaborada con produtos da zona e unha estancia de fin de semana para 2 persoas nunha casa rural de O Courel.

Para información: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. – Tfno.: 619 025 252

 

 

 

El Tiempo Folgoso do Courel